> Actualidade

12/09/2012 18:00

> CELEBRADA UNHA NOVA EDICIÓN DA INICIATIVA PERCORRENDO OUTEIRO DE REI

O pasado venres tivo lugar unha nova edición, concretamente a décima, da iniciativa municipal Percorrendo Outeiro de Rei.
Nesta ocasión a ruta a pé discorreu entre Vicinte e Bravos, trazado de apenas 4 km que se completaron despois co interesante paseo realizado no interior do parque zoolóxico de Avifauna.
Este recorrido, de escasa dificultade, permitíu gozar da bonita paisaxe do lugar e ver elementos patrimoniais coma a igrexa e o cruceiro de Vicinte.
Xa en Avifauna o grupo contou coa compañía de Antonio Ibáñez Burgo, socio fundador e responsable de educación ambiental do parque.






Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .