> Actualidade

07/09/2012 13:00

> OUTEIRO LÚDICO RECIBE UNHA VISITA MOI ESPECIAL

O xogador do Club Deportivo Lugo, Gerardo García Berodia, estivo na tarde de onte en Outeiro de Rei onde foi recibido polo alcalde, José Pardo Lombao e nenos e nenas participantes na iniciativa municipal OUTEIRO LÚDICO.
Este futbolista, nado en Madrid, foi acollido con enorme emoción por un público infantil totalmente entregado que atendeu ás súas explicacións e intentou incluso imitar a este gran xogador.
Outeiro Lúdico é unha iniciativa promovida polo Concello de Outeiro de Rei co obxectivo de conciliar a vida familiar e laboral nos períodos vacacionais, funcionando durante as vacacións escolares de Nadal, S. Santa e verán; este ano, dada a demanda rexistrada, ampliouse o servizo ao mes de agosto.
Esta iniciativa esta incluída dentro do Programa Municipal de Conciliación Familiar e Apoio á Educación no que se inclúe tamén a Escola Infantil Municipal e as iniciativas Outeiro Madrugador e Outeiro Tardes.

MÁIS INFORMACIÓN




« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .