> Actualidade

15/06/2012 10:00

> PRESENTADA HOXE A VI FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI

Hoxe, ás 11:30 h, tivo lugar no Concello de Outeiro de Rei a presentación da 6ª edición da Feira da Artesanía de Outeiro de Rei,  presentación realizada a diferentes medios de comunicación polo alcalde do municipio, José Pardo Lombao, acompañado da técnica de Emprego e Desenvolvemento Local  municipal.

Entre as novidades desta  edición da feira están  o  sorteo de vales para consumir en establecementos de Outeiro de Rei,  unha exhibición de traballos forestais con motoserra ou unha mostra colectiva de pintores lucenses.





DATOS SOBRE A FEIRA:


  • TERÁ LUGAR O SÁBADO  7/07/2012,COINCIDINDO COAS FESTAS PATRONAIS NA HONRA A “SANTA ISABEL”. OS POSTOS ABRIRÁN OFICIALMENTE  AO PÚBLICO EN HORARIO DE 12:00 h A 21:00 h.
  • ESTÁ PREVISTA A PARTICIPACIÓN DE APROXIMADAMENTE 100 EXPOSITORES. NA ACTUALIDADE TEÑEN CONFIRMADA ASISTENCIA 76 POSTOS  DE ARTESANÍA E  16  DE ALIMENTACIÓN E ACTUALMENTE HAI  UNHA IMPORTANTE LISTA DE ESPERA NA SECCIÓN DE ARTESANÍA.

NESTA SECCIÓN   PORANSE Á VENDA PRODUTOS DE CERÁMICA, CESTERÍA, ARTESANÍA DA MADEIRA,GANCHO E CALCETA, XOIARÍA, COIRO, INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL ,  TRAXES REXIONAIS, FERRO, ARTESANÍA TÉXTIL,  XABÓNS NATURAIS, XOGOS ARTESANAIS DO MUNDO E DE ENXEÑO, BIXUTERÍA, ENCADERNACIÓN, CANTARÍA, MACRAMÉ, BOLILLOS, MANUALIDADES ETC . PARALELAMENTE, NA SECCIÓN DE ALIMENTACIÓN OFERTARANSE   EMBUTIDOS, MARMELOS,ZUMES,  QUEIXOS, DOCES, ACEITE , VERDURAS FRESCAS, VIÑOS E LICORES, …
A FEIRA RECOLLE TAMÉN UNHA REPRESENTACIÓN DOS TRABALLOS QUE REALIZAN ENTIDADES DESTE MUNICIPIO COMO SON A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “SANTA ISABEL”, O CENTRO PENITENCIARIO DE BONXE E O RESIDENCIAL CARLOS IV.TAMÉN ESTÁ PREVISTA  A PARTICIPACIÓN DA ASOCIACIÓN  CULTURAL “XERMOLOS” DE GUITIRIZ .

  • AO LONGO DA XORNADA HABERÁ DEMOSTRACIÓNS EN VIVO DE OFICIOS TRADICIONAIS: AS CATRO OLARÍAS DE TRADICIÓN DE GALICIA(BUÑO, SOBER, NIÑODAGUIA E BONXE) ESTARÁN PRESENTES NESTA VI EDICIÓN DA FEIRA ADEMAIS  DUN FERREIRO E DÚAS CESTEIRAS  SEN ESQUECER AS QUE REALIZARÁN OUTROS ARTESÁNS PARTICIPANTES NA FEIRA DE BALDE COMO É O CASO DUN TORNEIRO, UN ARTESÁN DEDICADO  Á FABRICACIÓN DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL…

 

  • PARALELAMENTE,  ESTÁN PREVISTOS VARIOS OBRADOIROS  DIRIXIDOS A NENOS E RAPACES PERO SEN ESQUECER ÁS PERSOAS MAIORES:
  • UN DE BARRO, QUE  SE SITUARÁ NAS INMEDIACIÓNS DOS OLEIROS E QUE SERÁ  GUIADO POR ELES MESMOS
  • NA RÚA D UN DE CESTERÍA PARA NEN@S
  • NO CAMPO DE SANTA ISABEL, UN OBRADOIRO DE REPOSTERÍA  EN HORARIO DE  DE 17:00 h a 19:00 h CORTESÍA DA PANADERÍA OUSÁ E QUE ESTARÁ SITUADO NAS INMEDIACIÓNS DO POSTO DE VENDA
  • TAMÉN NO CAMPO DE SANTA ISABEL HABERÁ UN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE DE FANTASÍA, OUTRO DE TATUAXE CON HENNA,  UN DE ELABORACIÓN DE PULSEIRAS, UN SOMBREIRO CONTACONTOS E UN OBRADOIRO  DE XOGOS POPULARES; TAMÉN AT0PAREMOS ALGÚN XOGO TRADICIONAL NA RÚA MANUEL MARÍA.
  • IGUALMENTE, O POSTO “LA CASA DE LOS JUEGOS” PERMITIRÁ AO PÚBLICO EN XERAL  XOGAR E COÑECER XOGOS DE TABOLEIRO E TRADICIONAIS DE DIFERENTES PAÍSES E CULTURAS.

 

  • DURANTE A XORNADA ESTARÁ ABERTA AO PÚBLICO, AO CARÓN DA CASA CONSISTORIAL , UNHA EXPOSICIÓN COLECTIVA DE PINTORES LUCENSES  QUE MOSTRARÁ  TRABALLOS REALIZADOS POR ARTISTAS TAN RECOÑECIDOS COMO  QUIQUE BORDELL, JOAQUÍN GARCIA GESTO, CARLOS PARDO, SONIA FRADE, Mª JOSÉ SANTISO, CRISTIÁN VILLAMIDE E O PINTOR DE OUTEIRO DE REI, ANXO BARREIRO.
  • PARA ESTE DÍA ESTÁN PREVISTAS TAMÉN VARIAS ACTUACIÓNS. ASÍ ÁS 12:45 h ACTUARÁ DIANTE DA CASA CONSISTORIAL A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA; ÁS 13:30 h  SERÁ A QUENDA PARA A ACTUACIÓN DO GRUPO DE GAITAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL “PENAS DE RODAS” QUE REALIZARÁ TAMÉN UN PASACALLES   ÁS 12:00 DURANTE A INAUGURACIÓN DA FEIRA E QUE A PARTIRES DAS 18:00 h ANIMARÁ COA SÚA MÚSICA AS  RÚAS DO CENTRO, A RÚA MANUEL MARÍA E O CAMPO DE SANTA ISABEL.

 

  • A PARTIR DAS 13:00 h NO CAMPO DE SANTA ISABEL TERÁ LUGAR UNHA CONCENTRACIÓN DE COCHES E MOTOS CLÁSICAS E ESTÁ PREVISTO QUE SE REALICE UNHA EXHIBICIÓN DE  PROBAS DE HABILIDADE.
  • COMO NAS PASADAS EDICIÓNS  HABERÁ A POSIBILIDADE  DE XANTAR  NA FERMOSA CARBALLEIRA DO CAMPO DE SANTA ISABEL BEN BAIXO CARPA OU NO PROPIO CAMPO. NESTA OCASIÓN NON HAI UN MENÚ DEFINIDO E VARIOS ESTABLECEMENTOS OFRECERÁN A PARTIR DAS 13:30 h A POSIBILIDADE DE  MERCAR POLBO Á FEIRA, CHURRASCO, EMPANADAS, DOCES E OUTROS PRODUTOS DE PANADERÍA; HABERÁ TAMÉN SERVIZO DE BAR.

              

  • A PARTIR DAS 16:00h NO CAMPO DE SANTA ISABEL, NAS  INMEDIACIÓNS DO CIRCUÍTO DEPORTIVO,   ESTÁ PREVISTA UNHA DEMOSTRACIÓN DE TRABALLOS FORESTAIS CON MOTOSERRA A CARGO  DA EMPRESA ENTREFOR SC QUE REALIZARÁ PEQUENAS FIGURAS UTILIZANDO ESTA FERRAMENTA, FIGURAS QUE SERÁN REPARTIDAS ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE. REALIZARÁ TAMÉN A CONFECCIÓN DUNHA CADEA XIGANTE, CHARLAS EXPLICATIVAS SOBRE A SEGURIDADE NOS TRABALLOS FORESTAIS: OS EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL, AS MOTOSERRAS SEGURAS, TÉCNICAS DE TRABALLO, O LIMADO DUNHA MOTOSERRA. MOSTRARÁ UNHA PODA EN ALTURA DE ÁRBORES E O USO DE CORDAS, ENSINANDO INCLUSO A FACER NÓS.  FINALMENTE, SOBRE AS 19:00h  REALIZARASE UNHA CORTA  DIRIXIDA CO EMPREGO DUN TRACTEL FORESTAL.

 

  • ÁS 17:30 h SAIRÁ UN BUS TURÍSTICO DAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL QUE VISITARÁ O MUSEO DA RADIO LOCALIZADO NA CASA DE TURISMO RURAL RIO LADRA, O CAMPO DA FEIRA E AS PENAS DE RODAS EN GAIOSO, A IGREXA DE FRANCOS E O SALTO DO PIAGO NA  PARROQUIA DE ROBRA.AS PRAZAS SON  LIMITADAS  E PARA

 

PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE É NECESARIO INSCRIBIRSE  O MESMO DÍA DA FEIRA NA CASETA DO CONCELLO INSTALADA NAS INMEDIACIÓNS DA CASA CONSISTORIAL.

  • UNHA DAS NOVIDADES DESTA FEIRA É A REALIZACIÓN DUN SORTEO DE  5 VALES DE 100 € CADA UN DELES PARA CONSUMIR EN ESTABLECEMENTOS DE OUTEIRO DE REI.

CADA ESTABLECEMENTO ADMITIDO POLA ORGANIZACIÓN DA FEIRA TERÁ 40 RIFAS QUE REPARTIRÁ ENTRE OS SEUS CLIENTES.
ESTE SORTEO É UNHA INICIATIVA MÁIS, DENTRO DO AMPLO PROGRAMA DE EVENTOS QUE CONTEMPLA A CELEBRACIÓN DESTA FEIRA, COA QUE SE PRETENDE ANIMAR Á XENTE A QUE VEÑA A COÑECER ESTE EVENTO PREMIANDO A REALIZACIÓN DE COMPRAS EN CALQUERA POSTO E PROMOVENDO PARALELAMENTE O COMERCIO E ÁS EMPRESAS LOCAIS. 
O SORTEO TERÁ LUGAR ÁS 20:15 h   NA CASETA DO CONCELLO . PÓDENSE CONSULTAR AS BASES EN www.outeiroderei.org

  • AO IGUAL  QUE O ANO PASADO HABERÁ UNHA DISTRIBUCIÓN GRATUÍTA , ATA ESGOTAR EXISTENCIAS, DUN PRATO REALIZADO NA OLARÍA DE BONXE  CONMEMORATIVO DA FEIRA E QUE PORÁ SER RECOLLIDO NA ZONA DOS OLEIROS.

 

  • O PECHE DA FEIRA TERÁ LUGAR ÁS 21:00 h DANDO PASO POLA NOITE ÁS ACTUACIÓNS PREVISTAS CON MOTIVO DAS FESTAS DE SANTA ISABEL.

ESTE EVENTO, ORGANIZADO POLO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI,  TEN CONCEDIDAS AXUDAS DA  FUNDACIÓN CENTRO GALEGO DA ARTESANÍA E DO DESEÑO E DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.



« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .