> Actualidade

21/05/2012 16:00

> RELACIÓN DE PREMIADOS NO SORTEO CELEBRADO NA MILAGROSA

O Concello de Outeiro de Rei promocionou os recursos e atractivos turísticos do municipio durante a pasada fin de semana no barrio lucense da Milagrosa con motivo da celebración no mesmo da Feira de Produtos do Campo e da Artesanía.

Onte, último día da feira, tivo lugar ás 19:15h o sorteo de tres comidas para dúas persoas no establecemento de hostalería escollido polas mesmas. As persoas afortunadas foron as seguintes:

- GONZALO MARIZ MOREIRAS que escolleu o restaurante “MESÓN GONZÁLEZ” e recolleu o premio de mans do alcalde de Outeiro de Rei, D. José Pardo Lombao.
- MARINA BLANCO PÉREZ e CONSTANTINO CASANOVA QUIÑOÁ; ambos escolleron a casa de turismo rural "O LUGAR DE PASCUAIS".

Este sorteo está patrocinado polo Concello de Outeiro de Rei co obxectivo de promocionar a importante e atractiva oferta hostaleira deste municipio.


« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .