> Actualidade

16/05/2012 16:00

> OUTEIRO DE REI PROMOCIONA OS SEUS RECURSOS TURÍSTICOS NA MILAGROSA

Un ano máis, o Concello de Outeiro de Rei visitará a Milagrosa coincidindo coa celebración da Feira de Artesanía e Produtos do Campo que anualmente celebra este barrio lucense.

Do 18 ao 20 de maio as persoas que se acheguen ata a caseta municipal instalada na praza da Milagrosa poderán recibir información sobre a oferta existente en Outeiro de Rei referida a ocio, hostalería, artesanía, paraxes naturais, turismo rural… Moitos son os atractivos que o municipio de Outeiro de Rei pon á disposición de calquera persoa que desexe visitalo. Ademais poderán participar no sorteo de varias comidas en establecementos do municipio, concurso co que se pretende promocionar a importante oferta hostaleira de Outeiro de Rei.


« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .