> Actualidade

02/05/2012 16:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA 6ª EDICIÓN DA FEIRA DE ARTESANÍA

O Concello de Outeiro de Rei organiza unha nova edición da feira de artesanía que este ano terá lugar o sábado 7 de xullo, coincidindo coas festas patronais de Santa Isabel.

Como en anos anteriores dentro da feira haberá dúas seccións: unha de artesanía e outra dedicada aos produtos de alimentación de calidade.

As persoas que desexen participar como expositores poden solicitalo directamente no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local ou nos teléfonos 982 393 382/ 982 393 281, en horario de 9:00 a 14:30h.

Ao igual que nas pasadas edicións, o Concello de Outeiro de Rei ofrece aos expositores admitidos que non veñan co seu propio posto un espazo cuberto para expoñer (en jaimas ou similar e sen custo ).

Este importante evento para Outeiro de Rei serve para promover os recursos e atractivos turísticos que o municipio ten, entre os que está a artesanía local, dando importante cabida tamén á participación doutros artesáns de Galicia e de fóra e a expositores de produtos de alimentación de calidade.

Na pasada edición o número total de postos foi de 92 dos cales 74 estiveron encadrados na sección de artesanía.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .