> Actualidade

27/04/2012 11:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NOS CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN

Un ano máis o Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de preinscrición para participar nos campamentos urbanos que se realizarán do 2 ao 6 de xullo para os nenos de 4 a 7 anos e do 9 ao 13 de xullo, para os rapaces de 8 a 13 anos.

Por ser limitado o número de prazas (25 por campamento) estas cubriranse por rigorosa orde de inscrición (terán preferencia os nenos e nenas empadroados en Outeiro de Rei e os alumnos do Colexio Laverde Ruíz con respecto aos de fóra.

O prazo para anotarse permanecerá aberto dende o 7 ao 31 de maio ou ata cubrir prazas. O custe para participar nesta iniciativa é de 40€ por neno, que deberán aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematalo prazo de inscrición .

Poden reservarse as prazas ou recibir máis información nas oficinas municipais da Casa da Cultura en horario de 9:00 a 14:30h ou chamando ao 982 39 34 08.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .