> Actualidade

18/04/2012 16:00

> A CARAVANA GALEGO DE CINE VISITARÁ OUTEIRO DE REI ESTE SÁBADO

O próximo sábado día 21 de abril, a pista polideportiva do Colexio Laverde Ruíz acollerá en horario de 16:30 a 19:30h a visita da caravana “GALEGO DE CINE”, actividade dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos.

O circuíto completo da xornada é de 180 minutos, nos que poderán participar ata 60 nen@s que se converterán en espectadores das mellores curtas infantís en galego. O visionado irá acompañado de actividades de comprensión das películas e rematarase cun video-matón onde os cativos crearán a súa propia historia mediante a oralidade, seguindo o modelo do cadáver exquisito.

Ademais, participar nesta iniciativa pode ter premio posto que rematada a xira, escollerase a mellor das pezas realizadas a través dunha votación electrónica. Os gañadores recibirán cadanseu libro do Soldadiño de Chumbo, editado por Galaxia en 2010 e un dvd coa película.

O Concello de Outeiro de Rei colabora na posta en marcha desta actividade no municipio, actividade incluída dentro do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística .


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .