> Actualidade

17/04/2012 11:00

> ESTE MÉRCORES TERÁ LUGAR UNHA SEGUNDA CHARLA-TALLER ORIENTADA A PREPARAR CON ÉXITO UNHA ENTREVISTA DE TRABALLO

Este mércores ás 16:15h está previsto que se celebre no Centro Cultural de Outeiro de Rei a 2ª das charlas previstas co obxectivo principal de orientar na preparación dunha entrevista de traballo.
Esta actividade , incluida na Programación de Actividades de Promoción da Muller 2012, é totalmente gratuíta e está aberta á participación de homes e mulleres.
As persoas participantes reciben durante dúas horas nocións para preparar unha posible entrevista de traballo: que é o que convén facer antes de realizar a entrevista, nocións para elaborar o seu currículo e a carta de presentación que deberá estar orientada ao posto de traballo ofertado e tamén saber que estaría ben facer dende que a entrevista de traballo se leve a cabo.
As persoas que desexen que se lles revise o seu curriculo poderán achegalo con posterioridade ao servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Outeiro de Rei.

Tamén darase información sobre enderezos web onde poder localizar ofertas de traballo e sobre ETTs.

Se hai algunha persoa interesada en asistir que aínda non este anotada pode realizar a súa inscrición no teléfono 982 393 408.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .