> Actualidade

17/04/2012 11:00

> O 30 DE ABRIL FINALIZA O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

O día 30 de abril finaliza o prazo de solicitude de admisión e reserva de praza para o curso 2012/2013 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.
Os pais ou titores de nenos/as que desexen acceder á opción que lles corresponda (reserva ou nova solicitude), deberán cubrir o modelo normalizado establecido a tal efecto que poderán obter a través desta web municipal, na Escola Infantil ou no Concello de Outeiro de Rei.
A lista provisional de admitidos e excluídos darase a coñecer aproximadamente a mediados de maio.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .