> Actualidade

13/04/2012 11:00

> O SUBDELEGADO DO GOBERNO VISITA O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

O subdelegado do goberno en Lugo, D. Ramón Carballo, realizou onte a súa primeira visita institucional ao Concello de Outeiro de Rei onde foi recibido polo alcalde, D. José Pardo Lombao e varios membros da Corporación Municipal.

Tras firmar no Libro de Ouro do Concello agradeceu a recepción recibida e mostrou a súa disposición, en nome propio e coma representante do goberno de España, para manter unha boas e fluídas relacións institucionais e prestar un bo servizo aos veciños e veciñas do municipio.

Aínda que a subdelegación do goberno non ten presuposto para subvencións nin axudas si que hai moitos temas, segundo palabras do subdelegado e do propio alcalde, como poden ser a orde pública ou a seguridade cidadá que son moi importantes para a comunidade e nos que esta institución ten competencias.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .