> Actualidade

09/03/2012 11:00

> INAUGURADA A MOSTRA DE TRABALLOS REALIZADOS POR MULLERES DA ASOCIACIÓN “SANTA ISABEL”

Onte, día 8 de marzo, o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao inaugurou na Casa da Cultura a MOSTRA DE TRABALLOS REALIZADOS POR MULLERES DA ASOC. DE MULLERES RURAIS “SANTA ISABEL”, nun acto ao que tamén asistíron a concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo, a Presidenta da Asociación, María López Méndez, parte da xunta directiva e socias da entidade, ademais de público en xeral.

Con esta exposición, ademais de servir para conmemorar o Día Internacional das Mulleres, o Concello de Outeiro de Rei pretende facer visible o traballo que estas mulleres realizan ano tras ano e xa dende 1999, a prol da dinamización cultural e social do municipio.

A exposición poderá ser visitada ata o venres 16 de marzo en horario de 11:00 a 14:00h.






Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .