> Actualidade

09/03/2012 10:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A partir do día 15 de marzo e ata o 30 de abril, ambas datas incluídas, estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2012/2013 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.

Durante este período de tempo os pais ou titores dos nenos/as que estean na actualidade matriculados no Centro deberán presentar a solicitude de reserva de praza, no caso de querer continuar na gardería no próximo curso.

Paralelamente, os pais ou titores de nenos/as que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar deberán presentar solicitude de inscrición.

Para ambos supostos hai modelos normalizados que poden obterse na Escola Infantil, no Concello de Outeiro de Rei e a través desta web municipal accédese aos impresos dende esta nova, tamén a través da opción “servizos municipais/taboleiro de editos ou pinchando no banner que aparece na pantalla de inicio destinado á Escola Infantil Municipal.

A avaliación de solicitudes farase de conformidade co baremo aplicado para o acceso á rede de escolas infantís de Galicia.


  • SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA NA EIM DE OUTEIRO DE REI,  CURSO 2012/2013


  • SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA EIM DE OUTEIRO DE REI, CURSO 2012/2013


  • Concello de Outeiro de Rei
    Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
    Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
    Diseño web de Lugonet
     
    Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .