> Actualidade

05/03/2012 12:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI CELEBRA O 8 DE MARZO CUNHA MOSTRA DE TRABALLOS REALIZADOS POR MULLERES

Con motivo do DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, o Concello de Outeiro de Rei organiza unha exposición de traballos realizados pola Asociación de Mulleres Rurais “SANTA ISABEL”.

Esta asociación que naceu en Outeiro de Rei no ano 1999 está presidida na actualidade por María López Méndez; con esta exposición pretendese poñer en valor e dar a coñecer unha parte dos traballos que as socias da entidade realizan todos os anos.

A inauguración da mostra está prevista para ás 17:00h do xoves día 8 de marzo na Casa da Cultura, nun acto aberto á participación de calquera persoa que desexe asistir; para acompañar esta celebración terá lugar a tradicional degustación de doces caseiros.

A exposición poderá ser visitada ata o día 16/03/2012 en horario de 11:00h a 14:00h.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .