> Actualidade

24/02/2012 12:00

> A MANCOMUNIDADE DA TERRA CHÁ HOMENAXEARÁ EN OUTEIRO DE REI A “PALLÍN”, CHAIREGO DO ANO 2011.

A Casa da Cultura de Outeiro de Rei acollerá a homenaxe que se lle tributará o sábado 3 de marzo a D.Manuel Ignacio Piñeiro Piñeiro.

Este veciño de Outeiro de Rei, máis coñecido por todos como “Pallín”, foi nomeado pola Mancomunidade de Municipios da Terra Chá CHAIREGO DO ANO 2011 en recoñecemento da labor que realiza a cotio a favor das persoas con diversidade funcional.

Pallín na actualidade e dende hai doce anos é delegado da Asociación de Voluntariado para a integración cultural e social de discapacitados, Auxilia.

Está previsto que asistan a esta celebración, ademais do propio homenaxeado, os alcaldes dos concellos integrantes da mancomunidade e resto de membros da súa xunta plenaria, así como concelleiros de cultura, familiares, amigos e público en xeral que desexen estar presentes neste acto de homenaxe que terá lugar ás 13:00h da citada data.

Esta é a segunda ocasión que o Concello de Outeiro de Rei acolle e organiza esta celebración xa que no ano 2006 este galardón lle foi entregado ao alfareiro de Bonxe, D. Indalecio Lombao Ferro.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .