> Actualidade

13/02/2012 16:00

> MOITA DEMANDA NA INICIATIVA “COIDA OS TEUS PÉS”

Unha das partes do corpo que máis sofre e que normalmente coidamos menos son os pés; por iso o Concello de Outeiro de Rei, pensando nas persoas maiores do municipio, puxo en marcha no ano 2010 a iniciativa “COIDA OS TEUS PÉS” coa que se pretende mellorar a saúde e o coidado dos mesmos.

As consultas máis frecuentes que esta a recibir a podóloga Mar Rodríguez versan sobre uñas encarnadas, xoanetes, durezas ou diferentes tipos de calosidades, entre elas os dolorosos “ollos de galo”.
Este servizo, localizado no Centro Médico de Outeiro de Rei, funciona os dous primeiros mércores de cada mes en horario de 11:00h a 13:00h cun límite de prazas de 8 pacientes/día.

Para acceder ao mesmo é preciso pedir cita no Concello de Outeiro de Rei ou chamando ao tfno. 982 393 281 e aboar antes de acudir á podóloga unha cota de 2€/consulta; as prazas son cubertas por rigorosa orde de solicitude é o calendario de consultas está completo, salvo baixas de última hora, ata o mes de abril no que no momento de redacción desta nova queda tan só unha praza dispoñible. A demanda é tal que hai prazas reservadas ata o mes de xuño.

Lembrar que para beneficiarse deste servizo é preciso estar empadroado en Outeiro de Rei, ser maior de 60 anos e estar xubilado ou ser pensionista.

Esta iniciativa, incluída dentro do Programa de Actividades para Persoas Maiores 2011/2012, finaliza no mes de xuño á espera da presentación da nova programación para a tempada seguinte.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .