> Actualidade

14/02/2012 12:00

> ESTE VENRES FINALIZA O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NAS ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER DO PRIMEIRO SEMESTRE.

O venres 17 de febreiro será o último día para inscribirse dentro do prazo marcado para poder solicitar praza nalgunha das actividades programadas para o primeiro semestre do ano dentro do programa de ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER 2012.
As actividades previstas son as seguintes:

• AQUAFITTNES (ximnasia na auga)
Esta actividade desenvolverase no Centro Deportivo AQUALIFE de Lugo, os sábados en horario de 18:00 a 18:45h nos meses de marzo a maio, ambos incluídos ; o número de prazas que se ofertan é de 15.
As participantes realizaran diferentes exercicios na auga cos que obterán interesantes beneficios para a súa saúde como é unha mellora do retorno venoso, unha diminución do estres e das dores musculares ou mesmo unha perda de graxa corporal.

• INFORMÁTICA BÁSICA (word, internet e correo electrónico)
Curso aberto á participación de homes e mulleres a través do cal se prevé que as persoas que participen no mesmo se inicien no uso dun ordenador (teclado, rato…), aprendan a navegar polas ventás de Windows, traballar con documentos de texto e descubrir as posibilidades de internet .
Igualmente, aprenderán a buscar información a través de buscadores, configurar contas e optimizar o correo electrónico, tramitación on line de axudas, banca electrónica…
Desenvolverase no Centro Cultural de Outeiro de Rei de luns a mércores en horario de 16:15 a 18:15h do 20/02/2012 ao 4/04/2012.

• LABORES
Está actividade permitirá introducirse no mundo do bordado a man, do gancho e da calceta; e as máis expertas seguro que encontrarán un espazo para seguir avanzando neste mundo das labores realizas a man.
A actividade desenvolverase no Centro Cultural os martes en horario de 16:15h a 18:15h do 28/02/2012 ao 29/05/2012.

• PREPARAR CON ÉXITO UNHA ENTREVISTA DE TRABALLO
Actividade aberta á participación de homes e mulleres na que durante dúas horas @s participantes recibirán nocións para preparar unha posible entrevista de traballo: que é o que convén facer antes de realizar a entrevista, nocións para elaborar un currículo e unha carta de presentación que deberá estar orientada ao posto de traballo ofertado e tamén saber que estaría ben facer dende que a entrevista de traballo se leve a cabo.
As persoas participantes recibirán tamén información por escrito e as que desexen que se lles revise o seu curriculo poderán achegalo con posterioridade ao servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Outeiro de Rei.

Tamén darase información sobre enderezos web onde se poden localizar ofertas de traballo e sobre ETTs.

Lembrar que o curso de informática e o taller orientado á correcta preparación dunha entrevista de traballo son actividades abertas tamén á participación dos homes que igualmente, no caso de que non se cubran as prazas ofertadas dentro do prazo marcado, poderán participar en calquera outra actividade desta programación.
Pódese recibir máis información ou realizar a reserva de praza na Casa da Cultura de Outeiro de Rei, tfno.: 982 393 408.

ACCEDE AO PROGRAMA

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .