> Actualidade

12/02/2012 13:00

> ABERTA AO PÚBLICO A MOSTRA DE TRABALLOS REALIZADOS NO CENTRO PENITENCIARIO DE BONXE

Ata o día 24 estará aberta ao público na Casa da Cultura de Outeiro de Rei unha mostra de traballos realizados por internos do cárcere de Bonxe.
O horario de visitas é de 11:00h a 14:30h., de luns a venres.
Nesta mostra pódense atopar pezas únicas realizadas en cerámica, madeira, papel reciclado ou mesmo con fíos; tamén hai unha representación de maquetas.
Todas estas pezas, elaboradas nos talleres ocupacionais da prisión, pódense mercar; os beneficios obtidos das vendas están destinados á reposición de materiais para a elaboración de produtos e ao pago de incentivos aos internos. Igualmente acéptanse pedidos por encargo no enderezo: talleresocupacionalesbonxe@gmail.com.
A mostra foi inaugurada este pasado venres polo director do centro, D Modesto Gutierrez e o alcalde do Concello de Outeiro de Rei, D. José Pardo Lombao acompañados entre outros de varios representantes políticos do ente local e de Javier Villas, monitor ocupacional do centro e responsable da organización desta mostra.






Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .