> Actualidade

31/01/2012 09:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI DARÁ A COÑECER ESTE VENRES A NOVA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA MULLERES

Este venres, día 3 de febreiro, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei acollerá a presentación do Programa de Actividades de Promoción da Muller 2012 nun acto presidido polo alcalde do municipio, D. José Pardo Lombao.
A partir das 17:00h as persoas que desexen asistir a este acto coñecerán de primeira man a nova programación que o Concello de Outeiro de Rei prevé realizar ao longo do ano e poderán inscribirse ese mesmo día nas actividades previstas para o primeiro semestre; lembrar que aínda que a programación vai destinada ás mulleres, como en anos anteriores algunha das actividades previstas estará aberta tamén á participación dos homes.
As inscricións realizaranse por orde de solicitude e o prazo permanecerá aberto ata o día 17 de febreiro.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .