> Actualidade

25/01/2012 16:00

> CELEBRADA EN OUTEIRO DE REI UNHA PROBA DE ATLETISMO.

O pasado 19 de xaneiro celebrouse no circuíto de Robra de Outeiro de Rei unha proba de atletismo preparatoria da zona da Terra Cha.
Nesta proba déronse cita 60 participantes dos distintos municipios que participaron nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadetes.
Ao remate houbo un acto de entrega de medallas aos primeiros clasificados, destacando polo Concello de Outeiro de Rei:

  • DAVID ROSON FERNANDEZ e MARTA MAIRA BARREIRO,  gañadores da proba benxamín masculino e feminino .
  • REMEDIOS LOPEZ FDEZ , terceiro posto en ALEVIN FEMININO.
  • SARA COELLO SANCHEZ,  terceiro posto en INFANTIL FEMININO.

A próxima cita terá lugar o día 28 en Vilalba, día que se celebrará a  proba clasificatoria  para acudir ao campíonato provincial de atletismo.


    

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .