> Actualidade

24/01/2012 16:00

> ENTROIDO 2012 EN OUTEIRO DE REI


Con motivo da celebración do Entroido 2012, o Concello de Outeiro de Rei organiza por XIV ano consecutivo o CONCURSO DE DISFRACES.

A cita terá lugar o día 19 de FEBREIRO (domingo de entroido) a partir das 17:00h  na Praza da Vila, baixo carpa cuberta e amenizada polo Trío  Areal .

Xa están á disposición de todas as persoas interesadas  as bases do concurso así como as follas de inscrición que poderán ser entregadas durante esa semana na Casa da Cultura de Outeiro de Rei en horario de 9:00 a 14:30h;   igualmente, as persoas que o desexen  poderán inscribirse no lugar de celebración o propio día do concurso de 17:00h a 18:00h.

Os 1650 € de premios repártense da seguinte forma:

COMPARSA

1º PREMIO:     400 Euros

2º PREMIO:     300 Euros

3º PREMIO:     200 Euros

PARELLAS

1º PREMIO:     200 Euros

2º PREMIO:     120 Euros

INDIVIDUAL

1º PREMIO:     150 Euros

2º PREMIO:     100 Euros

INFANTIL

1º PREMIO:     120 Euros

2º PREMIO:       60 Euros



BASES DO CONCURSO

CARTEL DO CONCURSO

FOLLA DE INSCRICIÓN 2012



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .