> Actualidade

03/01/2012 09:00

> ESTE XOVES OUTEIRO DE REI RECIBIRÁ A VISITA DOS REIS MAGOS

O Concello de Outeiro de Rei con motivo destas datas de Nadal organiza para o día 5 de xaneiro no pavillón do Colexio Público a FESTA DE REIS, que dará comezo ás 18:00h coa actuación do mago David e o seu remate, sobre as 19:00h, terá lugar a tradicional merenda con roscóns, gominolas, turróns e outras lambetadas.

Posteriormente, sobre as 19:45h terá lugar a Cabalgata de Reis; a tal fin os pais que así o desexen poderán levar os regalos dos seus fillos á Casa da Cultura (xunto ó Colexio) os días 3, 4 e 5 en horario de oficina e o día 5 tamén durante toda a tarde para que lles sexan entregados polos Reis na mencionada festa.

VER CARTEL

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .