> ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei foi inaugurada o 14/09/2009  pola Conselleira de Educación, Beatriz Mato e polo alcalde do Concello de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao.
Tratase dun servizo de atención educativa e asistencial dirixido a nenos e nenas de 3 meses a 3 anos. O número de prazas que ten é de 41, distribuídas da seguinte forma:

  • De 0 a 1 ano:   8 prazas
  • De 1 a 2 anos: 13 prazas
  • De 2 a 3 anos: 20 prazas

O cadro de persoal  do centro esta formado por unha directora, unha técnica de apoio e catro educadoras.
O centro está situado na urbanización Santa Isabel, de recente construción, nas proximidades do espazo natural do Campo de Santa Isabel;  ten unha superficie de 428 m2 e está dotado con tres aulas, unha aula de usos múltiples, tres patios de xogo (un deles cuberto), zona de descanso, cociña e baños.
Conta cunha infraestrutura adaptada para os/as nenos/as de preescolar: todas as aulas teñen luz natural, ventilación, elementos de seguridade e están acondicionadas co material educativo necesario para a estimulación das aptitudes e desenvolvemento dos nenos/as, todo baixo a atenta supervisión das traballadoras do centro.
A Escola Infantil permanece aberta durante todo o ano e funciona de luns a venres en horario de 8:00h a 20:00h.

INSCRICIÓNS:

O prazo para solicitar praza na EIM de Outeiro de Rei para o curso 2017/2018 está aberto do 15/03/2017 ao 02/05/ 2017 (ambos días inclusive); as solicitudes serán realizadas no modelo normalizado establecido a tal efecto acompañadas da documentación precisa.

MÁIS INFORMACIÓN

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE OUTEIRO DE REI
TELÉF.: 982 393 009

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI
TELÉF.: 982 393 382


  • TARIFA DE PREZOS DA EIM DE OUTEIRO DE REI

  • REGULAMENTO ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

  • ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ESCOLA INFANTÍL NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

  • SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA NA EIM DE OUTEIRO DE REI,  CURSO 2017/2018

  • SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA EIM DE OUTEIRO DE REI, CURSO 2017/2018


  • Concello de Outeiro de Rei
    Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
    Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
    Diseño web de Lugonet
     
    Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .