> ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS

> TURISMO RURAL

Visitar calquera das tres casas de turismo rural localizadas no Municipio, permitirán ao visitante gozar dunha rica gastronomía propia da zona, de actividades de ocio en contacto coa natureza e se así o desexan, dun seguro merecido descanso.

Varios establecementos máis de hostalería, esparexidos pola xeografía municipal, darán fe da hospitalidade das súas xentes e dos importantes recursos culinarios.

Imagen Imagen Imagen

> RIO LADRA (Gaioso)
Teléf.: 982 390 706
> www.rioladra.com
> orioladra@hotmail.com

> REBOREDA DE ABAIXO (Francos)
Teléf.: 982 390 505
> www.reboredadeabaixo.com
> info@reboredadeabaixo.com
> O LUGAR DE PASCUAIS (Parada)
Teléf.: 982 392 552
> www.lugardepascuais.com
> correo@lugardepascuais.com
[Aberto só, previa reserva, para eventos e banquetes]


> OCIO, CULTURA E ACTIVIDADES

Imagen > CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE AVIFAUNA
O centro encóntrase situado no lugar de Bravos, pertencente á parroquia de Vicinte. A visita a este centro permite ó visitante un percorrido a través do cal poderá facerse unha idea da riqueza avícola dos cinco continentes, facéndose especial fincapé na fauna autóctona galega. No Centro exhíbense aproximadamente 200 especies de aves.

Teléf.: 982 24 20 53.
> www.avifauna.net


Imagen > MARCELLE NATUREZA
Situado en San Martín de Guillar, Outeiro de Rei, trátase dun amplo espazo natural dedicado ós animais, onde poderemos relaxarnos e pasear observando unha gran variedade de especies en réxime de semiliberdade.
Cebras, bisontes, llamas, canguros, renos e moitos máis animais nun entorno de gran beleza e encanto.

Teléf.: 982 160 211
> www.marcellenatureza.com


Imagen > CASA-MUSEO MANUEL MARÍA
Situada en Outeiro de Rei, ao carón da Casa Consistorial, a Casa-Museo Manuel María acolle e expón ao público visitante todo o legado persoal, artístico e bibliográfico da que quizá sexa a voz literaria máis prolífica e dinámica da segunda metade do século XX: a súa biblioteca persoal -composta de máis de 12.000 volumes que a converten nunha das mellores coleccións particulares do libro galego e sobre Galiza -, a famosa colección de navallas do poeta, unha colección de pinturas con obras dalgúns dos máis importantes pintores galegos contemporáneos (Castelao, Maside, Laxeiro, Abelenda, Sucasas, Lugrís, Seoane, Leandro, Blas Lourés...), etc.

Teléf.: 698 177 621

> www.manuelmaria.com
> fundacion@manuelmaria.com


Imagen > MUSEO DA OLERÍA DE BONXE

Situado na parroquia de Bonxe, reúne unha importante mostra de pezas de olaría tradicional destinadas outrora ao uso doméstico (olas, cazolas, chocolateiras, nateiras, botixos, unha curiosa tapa da bola...). Estas pezas foron realizadas polas expertas mans de oleiros da zona como Xosé do Xastre ou o propio Indalecio Lombao, a cuxa figura e persoa está dedicado este museo.

Teléf: 982 393 399
> http://pepabonxe.blogspot.com/

Imagen > VIDA DE ALDEA

Na parroquia de San Clodio, Vida de Aldea permite gozar da paisaxe, dos camiños, das fontes, das árbores centenarias, das rochas…O visitante poderá, previa cita, disfrutar da natureza deste singular recuncho ademais de visitar a explotación gandeira familiar ou as hortas ecolóxicas, que en réxime de aluguer, amosan que con pequenos esforzos os resultados poden ser sorprendentes.

Teléf: 982 170 143/ 607 575 937
> www.vidadealdea.com
> info@vidadealdea.es

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .