> BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA INSTAGRAM #feiraouteiro2017

XI FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI

Con motivo da celebración da XI FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI o 01/07/2017, o Concello de Outeiro de Rei convoca dentro das actividades previstas para ese día un concurso de fotografía.

PARTICIPANTES

Poden participar neste concurso todas as persoas usuarias da aplicación móbil Instagram que sexan maiores de idade.

TEMÁTICA

A temática das fotografías será a propia feira de artesanía e/ou calquera recuncho con encanto polo que a feira discorre (incluídas as rúas do casco vello e o Campo de Santa Isabel). Soamente as fotografías que cumpran coa temática do concurso poderán ser seleccionadas.

PRESENTACIÓN DE TRABALLOS

Para participar no concurso é necesario seguir a @outeirorei.

Participan no concurso as fotografías subidas entre os días 1 e 3 de xullo de 2017 que deberán ser etiquetadas coa etiqueta #feiraouteiro2017 e compartilas en Instagram.

É requisito imprescindible que o participante sexa o autor da fotografía coa que participa no concurso. Cada participante pode subir e etiquetar tantas fotos como desexe.
As persoas concursantes ceden os dereitos de imaxe das súas fotografías para que o Concello de Outeiro de Rei as poida utilizar na promoción da feira de artesanía.

A entidade promotora deste concurso reservase o dereito a denunciar e pedir a eliminación de fotografías que vulneren dereitos persoais ou resulten ofensivas/ discriminatorias; igualmente, se reserva o dereito a excluír a calquera participante que transgreda as normas de boa fe, observe unha conduta inadecuada, empregue medios fraudulentos ou incumpra estas bases en calquera dos seus puntos.

PREMIOS

Haberá os seguintes premios:

  • 1º clasificado: 100 €
  • 2º clasificado: 50 €

As fotografías premiadas serán as que obteñan o maior número de LIKES; en caso de empate entre dúas ou máis fotografías, o Concello de Outeiro de Rei será o encargado de desempatar e elixir á fotografía gañadora.
As persoas participantes no concurso responsabilízanse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas.

O resultado do concurso farase público na web municipal: outeiroderei.org e no perfil da feira de artesanía @outeirorei. Paralelamente, a organización porase en contacto coas persoas gañadoras a través de Instagran deixando un comentario nas fotos gañadoras; realizada esta comunicación, terán de prazo ata o día 26/07/2017 para poñerse en contacto co Concello de Outeiro de Rei, entendendo a renuncia ao premio se non se contacta no prazo establecido.

ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación neste concurso supón a aceptación das bases así como o fallo do xurado.
A organización queda facultada para resolver calquera imprevisto que poida xurdir non recollido nestas bases. Instagram non participa, avala nin administra este concurso nin está asociado nin vinculado ao mesmo de ningún modo.

descarga as bases aquí (PDF)   |    « atrás


SÉGUENOS:
Outeiro de Rei en Facebook

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .