Nos últimos anos o Concello de Outeiro de Rei foi estruturando unha importante oferta co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral dos habitantes do municipio a través da posta en marcha dun programa municipal de conciliación da vida familiar e apoio á educación no que se inclúe a ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE OUTEIRO DE REI e as seguintes iniciativas:

  • OUTEIRO MADRUGADOR
  • OUTEIRO TARDES
  • OUTEIRO LÚDICO

A Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei foi inaugurada o 14/09/2009. Tratase dun servizo de atención educativa e asistencial dirixido a nenos e nenas de 3 meses a 3 anos. Oferta 41 prazas distribuídas da seguinte forma:

- De 0 a 1 ano: 8 prazas
- De 1 a 2 anos: 13 prazas
- De 2 a 3 anos: 20 prazas

PRAZO XERAL DE SOLICITUDE DE PRAZA: DO 15 DE MARZO AO 30 DE ABRIL ENDEREZO: URBANIZACIÓN SANTA ISABEL C/5. OUTEIRO DE REI

Servizo de atención infantil para nenos/as de 3 a 12 anos matriculados no CEIP Laverde Ruíz (colexio público de Outeiro de Rei). Empezou a funcionar en setembro de 2010.

OBXECTIVO Axudar aos pais/nais que traballan ou que por outras razóns necesitan deixar aos seus fillos/as atendidos antes do inicio da xornada lectiva.
DURACIÓN Setembro / Xuño (durante o curso escolar)
LUGAR LOCAL B
HORARIO De 8:00 h a 9:30 h
COTA 40 € /anuais // Día solto: 5 €/día
INSCRICIÓNS Na biblioteca municipal en horario de 10:30 h a 13:00 h durante a 1ª quincena do mes de xuño. (Para solicitudes fóra de prazo consultar dispoñibilidade).

Servizo de atención infantil para nenos/as de 3 a 12 anos matriculados no CEIP Laverde Ruiz. Empezou a funcionar ao inicio do curso escolar 2011/2012.

OBXECTIVO Axudar aos pais/nais que traballan ou que por outras razóns necesitan deixar aos seus fillos/as atendidos despois da xornada lectiva.
DURACIÓN Setembro / Xuño (durante o curso escolar)
LUGAR LOCAL B
HORARIO De 16:00 h a 20:00 h
COTA 15 € /mes // Día solto: 5 €/día
INSCRICIÓNS Na biblioteca municipal en horario de 10:30 h a 13:00 h durante a 1ª quincena do mes de xuño. (Para solicitudes fóra de prazo ou de días soltos consultar dispoñibilidade). Os pagamentos mensuais deberán realizarse dentro dos 15 primeiros días do mes anterior.

Servizo de atención infantil para nenos/as de 3 a 12 anos que empezou a funcionar durante as vacacións de Nadal 2009.

OBXECTIVO Favorecer a conciliación da vida familiar e laboral nos períodos vacacionais creando un espazo de diversión onde os nenos/as levan a cabo xogos cooperativos, animación á lectura,
actividades de exterior, xogos deportivos, proxección de películas infantís, manualidades, saídas de coñecemento do entorno…
DURACIÓN Durante as vacacións escolares de Nadal, S. Santa, verán (consultar dispoñibilidade deste servizo para o mes de agosto) e nos días non lectivos existentes no calendario escolar.
LUGAR LOCAL B
HORARIO De 8:00 h a 20:00 h
A excepción de causas debidamente xustificadas os/as nenos/as non poderán permanecer no centro máis de 8h/diarias.
COTA 60 € anuais repartidos en 2 prazos. O 1º (30 €) a aboar no momento da inscrición, na primeira quincena de novembro. O 2º a aboar na primeira quincena de xuño.
Mes de agosto: 30 €. Día solto: 5 €/día (suxeito a dispoñibilidade).
INSCRICIÓNS Na biblioteca municipal en horario de 10:30 h a 13:00 h
SETEMBRO: Outeiro Lúdico ofrece a posibilidade de incorporación de nen@s de 3 anos que empezan o colexio. Cota: 15 €

PERÍODO DE ADAPTACIÓN para 4º de Infantil (mes de setembro). Consultar posibilidade de acollemento de nen@s en horario de mañá. Cota: 15 €.

NOTA:  

  • Teñen preferencia á hora de cubrir as prazas as familias empadroadas neste municipio.
  • Sempre que exista dispoñibilidade de praza poderanse incorporar novos usuarios a calquera    destas iniciativas fóra dos prazos de inscrición previstos; nestes casos será preciso aboar a totalidade da cota anual establecida para a actividade a excepción da iniciativa OUTEIRO TARDES onde se pagará a mensualidade completa dende o primeiro mes de incorporación (con independencia da data na que se produza).

  DESCARGA O PDF



Programa de fomento da conciliación Secretaría Xeral da Igualdade.
Operación cofinanciada pola Unión Europea PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020
Conseguir formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro

      

 

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .