> OLERÍA DE BONXE

Imagen

A cerámica de Bonxe, unha das catro cerámicas ancestrais de Galicia, aséntase neste concello.

Numerosas testemuñas falan da súa transmisión hereditaria familiar e Lucas Labrada, en 1809 rexistra a fama da olería de Bonxe nas feiras de Arzúa e Monterroso, entre outras. Sobre a década dos anos 50 aínda a totalidade dos veciños da parroquia vivían da olería (eran oleiros, chamábaselles así porque eran os que facían as "olas" ou cacharreiros).

As boas condicións xeolóxicas da zona favoreceron sempre e mantiveron o bo ritmo de produción dos oleiros.

Progresivamente esta cerámica, seguindo a tónica xeral do resto de artesanías de tradición, foi decaendo; os mestres oleiros foron a menos, poñendo en perigo a continuidade desta artesanía. Non obstante, esta actividade promete ter continuidade na persoa de Josefa Lombao Ferro, "Pepa", que herdou a arte do seu pai, Indalecio Lombao Gómez, que foi nomeado pola Mancomunidade de Municipios da Terra Cha Chairego do ano 2006 en recoñecemento ao labor realizada durante toda a súa vida como oleiro e a favor do mantemento desta nobre arte.

> ver vídeo da homenaxe a Indalecio Lombao Gómez

Imagen
Entre os obxectos habitualmente fabricados polos oleiros salientan os barreños (destinados tradicionalmente á fermentación de zorza para embutidos), cazolas de múltiples variedades, cacheleiros, botixos, fontes, tarteiras, chocolateiras, nateiras, pucheiros, xarras, sellas, queixeiras..., a meirande parte destas pezas perderon o seu uso tradicional e na actualidade pasaron a seren obxectos de decoración e ornamentación.

Recoméndase a turistas e amantes da artesanía se achegaren no seu paso pola zona deica o taller de Pepa, poderán ver o proceso de elaboración de pezas e adquirir algunha, se así o desexaren.

Bonxe 17, Outeiro de Rei. Teléfono: 982 393 399
http://pepabonxe.blogspot.com/
pepabonxe@gmail.com



> OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS "XANECO"

Xaneco Fabricación de Instrumentos de Percusión tradicional.
Abeladoira,1. San Fiz de Paz. (Outeiro de Rei)
Telf. 696 431 657 / 982 393 278
www.xaneco.com
obradoiro@xaneco.com


> GABRIEL SARCEDA RODRÍGUEZ

Xaneco Fabricación e restauración de mobles.
Carreteira Pascual, 5. Santa Mariña, Outeiro de Rei.
Telf. 982 393 087
gabrielsarceda@hotmail.com



> IDOIA CUESTA

Xaneco Elaboración de tecidos vexetais: tapices e cestas.
Hortas, 7. Cela, Outeiro de Rei.
Telf. 677 334 150
www.idoiacuesta.com
idoiacuesta@yahoo.es





Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .